Wednesday 08 de May de 2024

A Mancomunidade asesorará no recoñecemento de competencias profesionais adquiridas mediante a experiencia laboral ou vías non formais de formación


O DOG publica hoxe a apertura do proceso de avaliación e acreditación de nove cualificacións cunha oferta de máis de 2000 prazas

Dende a Servizo de Orientación Laboral da Mancomunidade de Ordes infórmase da convocatoria do proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.015 prazas. A dita orde publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe xoves, 19 de xaneiro ( ).
Concretamente trátase das seguintes cualificacións profesionais: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e en institucións sociais, servizos para o control de pragas, xestión de servizos para o control de organismos nocivos, socorrismo en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas, extinción de incendios e salvamento, tanatopraxia, operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.
O Instituto Galego das Cualificacións da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral será o órgano técnico encargado de levar a cabo a xestión e as accións adecuadas co fin de desenvolver e executar o procedemento. Tanto as unidades de competencia convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria como os prazos de presentación deberán consultarse no DOG.
Dende a Mancomunidade de Ordes insístese na posibilidade de facer uso da súa Oficina de Orientación Laboral para levar a cabo calquera trámite relacionado con este procedemento, ou ben expoñer calquera tipo de consulta.